Hai cousas que non quedan claras á primeira.
Aquí deixámosche as preguntas que máis nos fan. E como sempre, respondémosche sen rodeos, como debe ser.
Se quedas con dúbidas, chámanos ou mándanos un WhatsApp. Falamos.
Aquí deixámosche as preguntas que máis nos fan. E como sempre, respondémosche sen rodeos, como debe ser. Se quedas con dúbidas, chámanos ou mándanos un WhatsApp. Falamos.
En Juifi ofrecemos fibra óptica, móbil e televisión, con tarifas pensadas para adaptarse a cada cliente. Ademais, contamos con instaladores propios, o que nos permite garantir un servizo rápido, eficiente e de calidade.
Entra no noso buscador de cobertura para comprobar se a fibra óptica chega á túa zona. Se o resultado é positivo, xa estás listo para contratar!
Se non aparece cobertura na túa dirección, non te preocupes: buscámosche unha alternativa segura e eficiente, como Wimax, conexión satelital ou 5G, para que poidas navegar sen problemas onde queiras.
Tranquilo, que en Juifi sempre buscamos unha solución para que ninguén quede sen conexión. Se non chega a fibra, temos outras opcións como o Wimax, o servizo satelital ou conexións 5G, ideais para zonas máis afastadas ou de difícil acceso. Fálanos da túa situación e buscamos a mellor alternativa para que navegues sen cortes, esteas onde esteas.
Temos equipo propio de instaladores e tamén traballamos con profesionais de confianza. Así aseguramos unha instalación rápida, limpa e ben feita. E non te preocupes, avisámoste sempre con antelación para quedar no día e hora que mellor che vaia.
Si! A portabilidade é algo habitual. Só tes que indicarnos que queres manter o número e nós encargámonos de todo sen que teñas que facer nada.
Moi fácil! Se queres manter o teu número actual, nós encargámonos de todo o proceso por ti. A portabilidade faise normalmente en 24 a 48 horas, e antes de que se complete enviámosche unha mensaxe para avisarte do día exacto no que se efectúa o cambio. Ademais, mandámosche a SIM directamente á túa casa, para que non teñas que moverte. Só terás que poñela no teu móbil cando che avisemos... ¡e listo! Rápido, sinxelo e sen complicacións
En Juifi traballamos con varias redes móbiles líderes, así que sempre che ofrecemos a que mellor funcione na túa zona. Non vas ter que preocuparte por cortes ou pouca cobertura: facemos a comprobación por ti e conectámoste coa opción máis estable e potente dispoñible. Se tes dúbidas, pregúntanos sen compromiso e comprobámolo ao momento.
En móbil non temos permanencia, para que poidas cambiar ou cancelar cando queiras con total liberdade. En fibra óptica si existe permanencia debido ao custo e o compromiso da instalación, que garantimos de calidade e cun servizo estable.
Normalmente facémola nun prazo de 24 a 72 horas dende que confirmas o servizo. Se hai calquera imprevisto, manterémoste sempre informado.
Moi sinxelo! Só precisas descargar a app da TV Juifi no teu televisor (Smart TV), móbil ou tablet. Unha vez instalada, introduces os datos que che enviamos ao contratar o servizo... ¡e listo! Xa podes comezar a desfrutar das túas canles, series e programas favoritas. E se tes algunha dúbida ou che resulta complicado, non te preocupes: chámanos e botámosche unha man por teléfono ou imos ata a túa casa para deixalo todo funcionando.
Ofrecemos unha ampla selección de canles de entretemento, cine, series, deportes e contido infantil..
Non te preocupes, tamén pensamos en ti! En Juifi temos asesores especializados en empresas que che axudarán a elixir a mellor combinación de servizos segundo as túas necesidades. O noso obxectivo non é só que aforres na factura, senón tamén que o teu negocio sexa máis eficiente, conectado e competitivo. Facémolo fácil, claro e sen complicacións. Ti preocúpate da túa empresa, que da conexión xa nos encargamos nós 😉
Claro que si! Podes escoller a túa tarifa na web e deixarnos os teus datos. Contactaremos contigo para confirmar todo e poñer en marcha o servizo canto antes.
Tes acceso a unha área de cliente onde podes ver as túas facturas, consumo, cambiar de tarifa ou engadir servizos. Tamén podes chamar ou escribirnos, e atendémoste encantados.
Moi fácil: - Por teléfono 881 150 150 - Por WhatsApp 604 040 040 - Por correo electrónico info@juifi.gal - Na nosa oficina en Melide, ou onde nos atopes polos pobos.